O noso centro leva a cabo durante todo o ano numerosas actividades socio-culturais e recreativas, entre as que destacan a celebración da Semana das Letras Galegas; nesa semana celébranse exposicións, concursos infantís, actuacións folclóricas internacionais, conferencias, mostras de encaixe de Camariñas (organizada polas palilleiras do centro), todo iso con unha ampla participación de residentes na Illa.
O noso grupo folclórico “Anaquiños”, creado no ano 1988 con ocasión da “Semana Cultural das Letras Galegas, ten participado en varios certames de Folklore Internacional de Mallorca, onde obtivo o 1º premio no ano 2003 na modalidade de música e coro, así como en varias edicións do Festival Folclórico de Cataluña, donde, tamén no ano 2003, acadou o 2º premio á música coa composición “Treboada no damastor”, obra do director do grupo D. David Muiños.
Este ano, como en todas as edicións anteriores, tamén participou no Festival Internacional de Folclore Galego, celebrado o 13 de agosto dentro dos actos do IV Día da Galicia Exterior.
Participou o Grupo Anaquiños no Festival Folclórico Internacional de Baleares, conseguindo o grupo infantil o premio terceiro Especial Infantil no ano 2005 e segundo premio Categoria Infantil no 2007.
Este ano 2009 na XIX Trobada de Gaiteiros e Chirimieiros, no recinto de Ses Voltes (Palma), dentro da XXIII Semana Cultural das Letras Galegas, tivemos a actución de Anxo Lorenzo como gaiteiro de Galicia, xunto con David Muiños por Portugal, gaiteiros do Centro e de Bulgaria e gaiteiros de Muro (Mallorca). Unha vez concluida a Trobada de Gaiteiros e Chirimieiros deu comenzo o festival de música Folk, coa actuación do Grupo Anaquiños do noso Centro, Ximbomba Atómica por Baleares, e como peche as actuacións de Anxo Lorenzo Band, dando por primeira vez o Centro unha mostra extraordinaria do folclore Galego para deleite dos asistentes.
Pola outra banda temos a Coral do Centro que ten actuado na Trobada de Casas e Centros Rexionais en Baleares, Festa da Federación de Casas e Centros en Baleares. Actuacións en San MarÇal no concerto de verán, Confirmacións de Santa Ponsa, Illes Malgrat, No Nadal , Residencia dos maiores de Cala Estancia, e nas misas das Letras Galegas e do Apóstolo Santiago.